Noticias ecowater Galicia y Cantabrico - Ecowater Galicia y Cantabrico

Vaya al Contenido

Menu Principal:

O cangrexo azul, especies invasoras en Galicia

Publicado por en Ecología ·
O pasado mes de novembro de 2015 foi capturado un estraño cangrexo azul nunca visto antes nas nosas costas galegas.



O exemplar de cangrexo azul Callinectes sapidus  (Portunidae) de 300g de peso foi capturado na Ría de Vigo, fronte á  praia de Canabal, pola embarcación ‘O Vilela’, pertencente á confraría  de Pescadores San José de Cangas do Morrazo.

O cangrexo azul é unha especie exótica invasora orixinaria do  Atlántico occidental, desde Canadá ata Arxentina, e introducido por vez  primeira en Europa en 1900 en Francia.

Actualmente atópase distribuído por numerosos países do litoral  europeo tanto do Atlántico como do Mediterráneo.

Na península Ibérica  hai varias citas desta especie, as máis próximas son unha ao norte, no  porto de Xixón en 2006 e outra ao sur, no estuario do Tajo, en Portugal,  en 1979. Esta especie súmase a outros tres cangrexos exóticos Panopaeus africanus, Pilumnopeus africanus e Pachygrapsus gracilis, capturados recentemente na Ría de Arousa.



O número de exóticas marinas en Galicia incrementouse notablemente nos últimos anos co consecuente perigo para o ecosistema e as especies nativas.


Destaca o gran tamaño das súas pinzas como podemos apreciar na seguinte foto e video tomado nada máis chegar ás instalacións da lonxa de Cangas.  








.


Fuente: http://www.gciencia.com




Tres soluciones definitivas para la conservación del casco

Publicado por en Anti-algas/antifouling ·
Tags: NáuticaPuertosDepuradoras
Soluciones para mantener el casco en perfecto estado de conservación

Nuevos colores en Anfifouling M300/KOS6

Publicado por en Anti-algas/antifouling ·
Contacto: Telf. dep. Ecowater: 727782007- At. al cliente 626592131 - e-mail: somosdomo@gmail.com

Copyright 2016. All rights reserved.
Regreso al contenido | Regreso al menu principal